Menu Xerais

A maxestuosa cifra de 100.000 exemplares vendidos: «Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a 35ª edición de Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Antonio Seijas, novidade nesta conmemorativa dos 100.000 exemplares vendidos.


 

 

Cartas de inverno

Foi un momento de ledicia mesturada con tristura, de admiración eterna ao ler a cifra, de aperta a un libro que me lembra a dozura coa que me falaba sempre. Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz vén de ser reeditada por Xerais coa maxestuosa cifra de 100.000 exemplares vendidos. Cantos dis? Cen mil. Tento imaxinar a cen mil adolescentes lendo o libro ao mesmo tempo. E a vista non me alcanza. Pero si vexo o alumnado meu actual lendo cada día un seu libro; porque o meu alumnado ten dez minutos de lectura diaria e escollen a Agustín para gozar. E eu, profesora-bibliotecaria-toladoslibros gozo só con velos. Grazas Agustín, por darnos tanto. Ogallá teñas a túa ollada cómplice observándonos!
Esta edición vén acompañada das ilustracións de Antonio Seijas.
35 edicións.
En Galicia.

Comentarios pechados