Menu Xerais

«A noite branca», de Francisco Fernández Naval e unha viaxe en autocaravana na procura da presenza galega na División Azul

O escritor Francisco Fernández Naval abriu un blog centrado na súa novela A noite branca e, a través del, poden seguirse novidades con respecto a esta obra. Así mesmo, o Diario de Ferrol publicou unha información relacionada coa novela. Reproducimos en primeiro lugar a primeira anotación do blog e a continuación a noticia do Diario de Ferrol.

 

 

Primeiro paso

Asociado a esta novidade editorial, inicio hoxe un camiño que quero compartir. Esta novela foi a miña principal ocupación durante os últimos seis anos. Por ela, acompañado por Maribel, viaxei da Coruña a Novgorod, en autocaravana, entre os meses de marzo e abril de 2011. Tempo de frío, decididos a ser testemuñas do desxeo. Aínda hoxe sinto unha fonda saudade por aqueles días, percorrendo as estradas de Europa, cara ao leste, a procura dunha memoria agochada baixo a neve nas ribeiras do río Volchov. Este blog nace hoxe, cando A noite branca empeza a ser distribuída en librarías. Medrará con ela, pero tamén con todas aquelas cousas que me emocionan: versos, libros, música, o voo dos paxaros, as viaxes e os camiños, as novidades dos amigos, como esa que veño de saber hai uns minutos e que celebro, de que Gustavo Pernas resultou gañador do premio Álvaro Cunqueiro de teatro.


Fernández Naval novela en “A noite branca” a presenza galega na División Azul

0 escritor ourensán Francisco X. Fernández Naval, habitual colaborador   do suplemento Nordesía de Diario de Ferro], vén de publicar en Edicións Xerais a súa nova novela A noite branca. Nesta narración, na que recupera a personaxes de “O bosque das antas” (Premio Xerais de Novela), o autor novela a través de distintas voces a historia dun grupo de galegos que marchan coa División Azul a pelexar a Leningrado na II Guerra Mundial.

0 novelista documentouse ao longo de sete anos para escribir a novelae o seu labor incluíu unha viaxe en autocaravana desde Galicia ara a frente rusa onde sucederon as batallas.

A presentación do libro será en Ourens e o día 14 e o escritor tamén estará en Ferrol a finais de xaneiro.

Deixa un comentario!