Menu Xerais

A novela «Crónica córnica» abre o debate sobre a recuperación das linguas. Entrevista a Francisco Coimbra en Nós Televisión

A canle Nós Televisión entrevistou ao escritor Francisco Coimbra sobre o tema da recuperación e a represión das linguas, tema da súa novela Crónica Córnica, finalista do Premio Xerais de  2016. Reproducimos a entrevista e a información da páxina web de Nós Televisión.

 

 

«Crónica córnica» abre o debate sobre a recuperación das linguas

Conversamos con Francisco Coimbra, autor de Crónica Córnica

A obra Crónica córnica do autor Francisco Coimbra presentouse en varias localidades galegas. En Compostela o encontro do autor cos seus lectores e lectoras foi na libraría Couceiro. Finalista do premio Xerais 2016 a trama lévanos a un pobo que recupera dun día para outro a súa lingua.

Unha clara relación entre a súa Crónica córnica e Galiza

O autor, un galego de adopción, nacido en Madrid, hoxe profesor de Lingüística na Universidade de Paraná no Brasil, móvese entre varias linguas mais decídese polo galego para contar esta historia.

Autor de artigos e estudos en varias publicacións especializadas nos eidos da lingüística de América e Europa, Francisco Coimbra estrease como narrador en galego con esta obra e non descarta repetir a experiencia nun futuro.

Comentarios pechados