Menu Xerais

A novela gañadora do Premio Xerais, «A ira dos mansos», de Manuel Esteban, encabeza a lista de libros máis vendidos; Ledicia Costas lidera a infantil e xuvenil e Jacobo Fernández Serrano a de cómic

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante os meses de outubro e novembro a partir da información proporcionada por 10 librarías galegas.

A novela gañadora do último Premio Xerais de Novela, A ira dos mansos, de Manuel Esteban, encabeza a lista dos libros máis vendidos na categoría de Narrativa. No que respecta ás categorías de infantil e xuvenil, continúa o liderato prolongado de Ledicia Costas, tanto no ámbito xuvenil, con Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, coma no infantil, con Esmeraldina, a pequena defunta.

Outra boa noticia é a magnífica acollida que está a ter a serie de Marcopola, de Jacobo Fernández Serrano, que encabeza a lista dos máis vendidos en Banda Deseñada con Marcopola 4. Avoa power.

Aquí pode consultarse o Taboleiro dos libros máis vendidos, no que tamén figuran outros moitos libros de Xerais.

 

 

Comentarios pechados