Menu Xerais

A película baseada en «O hobbit», de Tolkien, estrearase en novembro en todo o mundo

O próximo 28 de novembro estrearase en todo o mundo a películoa O hobbit, baseada na novela de J. R. R, Tolkien, que Xerais publicou en galego en tradución de Moisés Barcia. A novela está publicada na colección Fóra de Xogo. Relata as aventuras do hobbit Bilbo Bulseiro, a quen lle gusta a vida cómoda e tranquila do seu burato–hobbit, onde almorza, merenda e cea varias veces ó día. Pero a inesperada visita do mago Gandalf fai espertar no seu interior o espírito aventureiro dos seus devanceiros. Deste xeito ve trascadeada a súa vida cotiá e, sen saber moi ben como, emprende unha longa viaxe con trece ananos barbudos en dirección ás Montañas para recuperar un tesouro roubado polo dragón Smaug, esquecido hai moito tempo.

Xerais tamén traduciu ao galego os tres volumes de O señor dos Aneis, do mesmo autor.

A película, dirixida polo director neozelandés Peter Jackson, estrearase na capital de Nova Celandia e xa pode verse na rede un tráiler do filme.

Deixa un comentario!