Menu Xerais

«A riqueza dun libro que lin de corridiño». Crítica de Vicente Araguas sobre «Retallos daquela infancia», de Bautista Álvarez

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica de Retallos daquela infancia, de Bautista Álvarez.

Araguas, que titula a súa recensión “Máis que un libro de contos”, di: «a conto, nestes contos, o que ven é a riqueza dos seus argumentos, a fauna humana que neles se nos pinta, o respeito pola natureza que neles aparece, a recriación de usos e costumes que alá van nun tempo tan lonxano xa que cáseque semella da mítica Maria Castaña. Aí, aí é onde está a riqueza dun libro que lin de corridiño, de dúas sentadas, unha delas no Jardín de Anglona, no Madrid Vello, á sombra dunha figueira ou dun tileiro, xa non lembro ben.

A recensión completa pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

 

 

Comentarios pechados