Menu Xerais

A superación como camiño: «O misterio do Faro Vello», de Fina Casalderrey. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre  O misterio do Faro Vello, de Fina Casalderrey, ilustrado  por Manolo Uhía.

 

 

Insuflando ánimo

Con sorprendente naturalidade

Ogallá puidésemos recorrer á maxia para arranxar os atrancos que a vida nos vai deparando, ogallá a boa vontade guiase os pasos de quen nos goberna en nome do ben común,de modo que o que é ficción ocupase un anaco de realidade nunmundo máis fraterno.

Son nenos os protagonistas de O misterio do Faro Vello, unha das últimas entregas que Fina Casalderrey fai á literatura, mais son reflexións maduras as que moven ao grupo de rapaces que unidos por unha forte amizade non se engurran ante as adversidades, senón que loitan para que as novas circunstancias se tornen positivas. É o seu un exercicio de responsabilidade que abraia os adultos e que amosa que o camiño idóneo pasa pola aceptación da realidade. Significativos son tamén os movementos dos adultos; a familia a nivel persoal e a alcaldesa a nivel colectivo representan tipos antagónicos que nalgún momento chegan a puntos de interese comúns, aínda que os motivos que os levaron a tal encontro sexan ben distintos.

Cáseque cunha naturalidade sorprendente Fina Casalderrey introduce os lectores no duro mundo das eivas físicas irreversibles e dende aquí aproveita para insuflar ánimo aos que senten e padecen, porque a vida ha de continuar.

María Navarro

Deixa un comentario!