Menu Xerais

A vivencia do «descentrarse»: «Presente continuo», de María Reimóndez. Crítica de Ramón Nicolás

 

Ramón Nicolás publicou o no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre os tres poemarios que publicou recentemente María Reimóndez, entre eles Presente continuo, editado por Xerais.

.

Presente continuo

 Presente continuo, por outro lado, editado por Xerais, bota a ollada atrás: ás experiencias da súa primeira viaxe á India que marcaron a súa actividade na organización non gobernamental “Implicadas no Desenvolvemento”: “rematado había moito tempo”, sinala a autora, “resultou complicado volver agora a el porque narra o que eu pensaba había dez anos, pero xa pasaron outros dez…, as percepcións das que se fala talvez son distintas”. O libro organízase como unha cartografía que pretende apreixar o tempo, experiencias e reflexións nas que se reflicte algo substancial en clave persoal, alén do encontro e a descuberta, como é a vivencia do “descentrarse” dun universo onde o sentido crítico se asoma arreo, sen limitarse a expor asepticamente situacións ou vivencias senón para reivindicar, para se definir onde a dor non está ausente. É un libro que supón, dalgún xeito, un balanzo particular pois son dez anos “buscando a firmeza / a confirmación / dos universos redondos”. En palabras da autora: “un testemuño da miña historia persoal pero co que neste momento non necesariamente me teño que asociar en todo”.

Ramón Nicolás

 

 

 

 

Deixa un comentario!