Menu Xerais

A vixencia da Corda. Literatura grande: «Tras da corda», de Carlos Reigosa. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou unha recensión crítica sobre Tras da Corda, de Carlos G. Reigosa, nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa  e La Región. O artigo pódese descargar, completo, en pdf.

 

Ao día de hoxe

Trinta e vinte seis anos despois da súa primeira saída volven onda nós, agrupados baixo do título “Tras da Corda” (Edicións Xerais, Vigo, 2012), un par de libros de relatos de Carlos G. Reigosa que no seu momento prenderan a miña atención: “Homes de tras da Corda” (1982) e “As pucharcas da lembranza” (1986).

Voltan, xa digo, e eu quero saber, ao entrar neles de novo, se aquel realismo bravo segue a petar forte no meu sentir (xa non sei se dorido) lector. Así que pouquiño a pouco, bo síntoma, se cadra, pois que non me apetece rematar unhas historias que me conmoven, e divirten, e veñen tocadas do síndrome da suspensión, vou redebuxando para mín mesmo a paisaxe d’A Corda que tan ben cofiece Carlos G. Reigosa.

Un home que, de puro controlar a súa sabedoría viencial, non ten empacho en contamos o que chegou a el, se de primeira, segunda ou décima man xa non nos importa.

Sen medo ao adxectivo “localista” que lle poida aplicar algún erudito “á violeta”, deses que medran como cogumelos após da chuvia e cando escriben empregan, en canto de pruma, cóitelos de cociña, que nin sequera navallas de Taramundi. Tan amadas por ese marabilloso Cunqueiro que aquí, contra da perguiza crítica, non se deixa ver senón moi o xusto. Como Fole, autor dese delicioso prólogo (como seu) que abre, xunto a Alfredo Bryce Echenique, “Homes de tras da Corda”.

(…)

Ler o artigo completo en pdf.

Deixa un comentario!