Menu Xerais

Achegar a poesía aos cativos con frescura e sen complexos: «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso. Na web de Botóns

A web de Botóns (Portal Galego de Educación) publicou unha información sobre o libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, escrito e ilustrado por Fran Alonso.

 

Animación literaria con Fran Alonso: «Contos nerviosos» e «Poemas birollos para ler cos ollos»

O autor percorre Galicia cun espectáculo artellado a partir destas dúas obras

Intelixentes, innovadoras e divertidas, as dúas recentes propostas de Fran Alonso para a rapazada son moi recomendables. Dunha banda, a proposta poética de ‘Poemas birollos para ler cos ollos’ é unha excelente ferramenta para achegar os cativos á poesía con frescura e sen complexos, nun gorentoso collage de imaxe e palabra. O debuxo fúndese coas verbas, e as rimas brincan polas páxinas dun xeito moi suxestivo e útil tamén para traballar emocións e conceptos. Animais, drons e piratas para unha abordaxe poética que vos fará pasar un bo tempo coa cativería.

Doutra banda, os Contos nerviosos’ son un feixe de ocorrentes e rexoubeiras historias para gozar tanto maiores como pequenos. Do neno alérxico ao ruído pasando pola nena con delirio de raíña, un abano de personaxes ben paveros que agochan grandes momentos de lecer.

Comentarios pechados