Menu Xerais

Actos sobre libros de Xerais na Romaría dos Libros en Compostela

O sábado, 25 de xullo de 11:00 a 22:00 horas,  na Praza de Mazarelos de Santiago de Compostela, a Romaría dos Libros  acollerá actividades dos seguintes libros publicados por Xerais:

14:00 horas: Concerto didáctico-lúdico a redor do libro Sira e o robot. Adventures on Titan de Miguel Mosqueira e Mark Wiersma.

21:00 horas: “Océano para terrícolas”. Un espectáculo radicalmente interactivo, porque nel o público asistente descubrirá e, inmediatamente, deberá interpretar cancións dos mariñeiros galegos que naceron no Gran Sol e Terranova. Corpus sonoro da Galiza do mar que, por fin, comeza a arribar a porto. “Océano para terrícolas” xurdiu dun xeito espontáneo nas propias presentacións do libro Contos do Mar de Irlanda de Xurxo Souto.

Comentarios pechados