Menu Xerais

Afondar nas nosas propias tradicións: «Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín», de Ramón D. Veiga e David Sierra. Recensión en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o álbum ilustrado Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín, de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra.

 

Violeta quere ser vampiro

Ramón D. Veiga e David Sierra son os artífices deste álbum que vén de publicar Xerais, Violeta quere ser vampiro. Un conto do Samaín. Un novo libro, un novo recurso -que sempre seagradece, por certo-, para este día que vén a se sumar a algúns xa publicados anteriormente na nosa lingua, ese que nos lembra que temos as nosas propias tradicións e que non debemos deixarnos envolver por aqueloutras que veñen de alén do océano. Este, ademais, trae “extras” de información, xa que ser vampiro non é cousa doada e debemos aprender se nalgo nos queremos parecer.

E acabo de saber que está baseado nunha historia real. Pois vaia!!!

Comentarios pechados