Menu Xerais

Agustín Fernández Paz e Antonio Seijas participarán nunha iniciativa de Espazo Lectura en Gondomar que une as propostas de dous clubs de lectura en torno a «Cartas de inverno»

O vindeiro martes o escritor Agustín Fernández e o ilustrador Antonio Seijas participarán nunha iniciativa de Espazo Lectura en Gondomar, que celebra conxuntamente as sesións do Club de Lecturas Debuxadas (centrado no cómic) e o Club de Lectura Sete Vidas (centrado na narrativa) para falar e debater cos seus repectivos autores sobre Cartas de inverno (novela) e Cartas de inverno. (Novela gráfica).

 

Os clubs de lectura Sete Vidas e Lecturas Debuxadas celebran unha sesión especial conxunta arredor de “Cartas de inverno”

O martes 10 de decembro a Biblioteca Municipal de Gondomar acolle a partir das 20:00 h a primeira sesión conxunta dos dous clubs de lectura de adultos organizados por Espazo Lectura: o Sete Vidas (centrado na lectura de narrativa) e o Lecturas Debuxadas (centrado no cómic). Os libros propostos en ambos os clubs para este mes foron a novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, e mais a súa adaptación ao cómic que Antonio Seijas publicou recentemente.

Os dous autores, Agustín Fernández Paz e Antonio Seijas, estarán con nós na biblioteca, polo que será un auténtico luxo escoitalos falar xuntos do proceso de creación das súas obras e de como se aborda a adaptación dunha obra literaria a outro formato.

Comentarios pechados