Menu Xerais

Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas encabezan o listado das 40 autoras e autores máis lidos polos Clubs de lectura no curso 2015/2016

Logo de publicar o pasado mes de novembro o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares, o blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publica agora o listado das 40 autoras e autores máis lidos nos Clubs de Lectura durante o curso 2015/2016. Agustín Fernández PazLedicia Costas ocupan o primeiro e segundo posto, respectivamente.

 

 

As 40 autoras e autores máis lidos polos Clubs de lectura no curso 2015/2016

Revisadas as lecturas realizadas polos clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia durante o curso 2015/2016, coñecemos os autores e autoras escollidos preferentemente polo lectorado neste período, sempre dentro das actividadees dos 239 clubs de lectura que recibiron axudas a través da convocatoria da D.X. de Centros e Recursos Humanos para o seu funcionamento. O número de títulos lidos fai referencia ao total de lectura de cada autor escollidas polo conxunto dos clubs.
Agustín Fernández Paz lidera unha vez máis esta táboa na que tamén atopamos poetas ou autores de banda deseñada. Observamos, así mesmo, que son 13 as autoras que aparecen nesta relación dos 40 autores/as máis lidos, con obras seleccionadas polos lectores e lectoras.

Comentarios pechados