Menu Xerais

Agustín Fernández Paz estrea nova web e un blog

O escritor Agustín Fernández Paz presentou onte a súa nova web, ao final do acto de nomeamento como socio de honra de GALIX. A nova web de Agustín Fernández Paz está deseñada por Pumpún e resulta moderna, atractiva e elegante.

A nova web ofrece unha completa información do escritor, que prima o deseño audivisual, e mantén os apartados de biografía, publicacións, ensaios, e blog, sempre con abundante información gráfica. A información pode consultarse en galego, castelán e inglés.

No blog, que se pode seguir aquí, Agustín Fernández Paz realiza unha declaración de intencións: «Este blog pretende algo moito máis simple, anunciado no seu título: Un lector. Nel escribirei sobre o único que me apetece contar: os libros que lin, os cómics cos que tanto gocei, as películas que me fascinaron ou as cancións da miña memoria sentimental. En resumo: as historias que me axudaron a vivir.

Desde a web ofrécese tamén un relato inédito, «Abrir as portas», que está a disposición dos internautas.

 

Comentarios pechados