Menu Xerais

Alegoría da lóxica social nunha novela de aventuras: «Vento galerno», de Antonio Yáñez Casal. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha  recensión crítica sobre Vento galerno, de Antonio Yáñez Casal.

 

Vento galerno

Novela xuvenil de aventuras mariñas nunha illa que resulta non estar deserta pero que acolle unha comunidade ben curiosa é a proposta que nos fai Antonio Yáñez Casal en Vento galerno publicado por Xerais. Propón o autor a convivencia máis lóxica e democrática dunha comunidade que nun principio parece vivir lonxe da cordura pero que nos fai dubidar sobre a nosa sociedade e os seus principios. U-la lóxica? U-lo respecto? Nesta illa todo é como debe ser aínda que o protagonista sinta as vivencias como unha auténtica chifradura que ás veces ten máis razón que os coñecementos previos adquiridos na sociedade da que vén, a nosa. Unha filosofía de vida ben diferente que é unha alegoría da lóxica social, unha visión surrealista que fai fincapé na necesidade de nos cuestionar o noso mundo ríxido e antisolidario, infeliz, que vimos de crear e que semella incuestionable. Será este vento galerno, estas mareas de ida e volta, quen dea a posibilidade de mudar o pensamento. E este mundo será ademais un xeito de entreter ao lector, de arrincarlle máis dun sorriso, mentre un “sandador” pode diagnosticar que “ter o corpo acelerado” é un problema de estrés que non nos atrevemos a nomear.

Comentarios pechados