Menu Xerais

Álex Alonso estará hoxe en Gondomar, no club de lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura, para falar de «Tempos de bebidas isotónicas e fast-food»

O escritor Álex Alonso estará hoxe martes 3 de maio, ás 20.00 horas, na Biblioteca de Gondomar, dentro das actividades do club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, para falar do seu libro Tempos de bebidas isotónicas e fast-food.

 

XG00246601O escritor Álex Alonso paticipará na xuntanza mensual do club de lectura Sete Vidas

O martes, 3 de maio, celébrase a xuntanza mensual do club de lectura Sete vidas. O libro do que se vai falar é Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, de Álex Alonso, obra premiada na XVII edición do Premio de Narración Curta “Ánxel Fole” de Lugo. O volume está formado por 30 relatos que constitúen unha radiografía descarnada da nosa sociedade actual, con predominio da violencia sexual, física e intelectual, pero nos que aínda hai espazo para o humor e a ironía.

Álex Alonso gañou tamén en 2010 o VI Certame de relatos de muller Matilde Barespor Xénero Imperfecto, certame convocado pola Concellaría de Igualdade do Concello de Bueu sobre a violencia de xénero.
Por xentileza da directora do Centro de Información á Muller de dito concello, dispoñemos dalgúns exemplares da obra premiada de Álex Alonso na libraría Libraida de Gondomar.
Na sesión que comezará ás 20:0 horas, na Biblioteca de Gondomar, contaremos coa presenza do autor.

Comentarios pechados