Menu Xerais

«Amor en alpargatas», de Manuel Portas e «O Miño. Un caudal de historia» de Anselmo López Carreira encabezan o ranquing da Tabela dos libros de marzo

Amor en alpargatas, de Manuel Portas, e O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira, sitúanse no primeiro e terceiro posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de marzo na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Inmaculada Otero Varela, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas, Manuel Rodríguez Alonso e o propio Armando Requeixo.

 

Deixa un comentario!