Menu Xerais

«Aníbal Otero Lingüistica e política en España na Guerra Civil e no franquismo», de Xesús Alonso Montero, Premio Losada Diéguez de Investigación

O libro Aníbal Otero Lingüistica e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero, Premio Losada Diéguez de Investigación e Ensaio.

O libro aborda a biografía de Aníbal Otero, un filólogo que, en 1936, era, ós 25 anos, o lingüista máis versado no galego vivo e o de formación cientificamente máis moderna como fonetista, dialectólogo e lexicógrafo, pero foi represaliado tras a sublevación militar.

O xurado valorou que esta obra rescata unha figura importante da cultura galega do pasado século e sinalou que señala que Alonso Montero manexa unha gran riqueza de fondos documentais, poñendo de manifesto a súa familiaridade coas circunstancias históricas que marcaron as vidas de intelectuais e investigadores galegos na guerra e inmediata posguerra. O premio está dotado con 6.000 euros e o acto de entrega terá lugar o 9 de xuño, no Pazo de Losada Diéguez en Moldes.

 

Comentarios pechados