Menu Xerais

Anotación en Brétemas sobre a presentación de «Coller as rendas», de Yolanda Castaño, ilustrado por Xosé Tomás

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do álbum de poesía infantil Coller as rendas, de Yolanda Castaño, ilustrado por Xosé Tomás.

O Faro de Vigo publicou, tamén, unha noticia sobre a presentación.

 

«Coller as rendas» en Moito Conto

Levei unha moi grata sorpresa en Moito Conto, a nova libraría coruñesa especializada en literatura infantil, onde presentamos no serán de onte Coller as rendas, o novo álbum de poesía de Yolanda Castaño e Xosé Tomás. Gustei da amplitude e do arranxo das instalacións dunha libraría con fasquía nórdica, así como da calidade da escolla bibliográfica, na que ademais dunha excelente escolma de álbum ilustrado e títulos de coleccións infantís graduadas, tamén se abren algunhas mesas de novidades e boas lecturas para persoas adultas. O feito de que máis de medio cento de persoas, dende picariñas a maiores, participasen no acto no que Castaño contou e Tomás debuxou o seu libro de animais autodeterminados expresa o espírito desta libraría concibida como espazo de fomento da lectura. Parabéns e azos para as súas libreiras.

Manuel Bragado

Deixa un comentario!