Menu Xerais

Antía Otero leva á escena os poemas de (Retro)visor

O programa Zig zag da TVG emitiu unha reportaxe sobre a escenificación de (Retro)visor, os textos poéticos do libro de Antía Otero que agora reinterpreta ante o público na sala Normal da Coruña, acompañada do músico Isaac Garabatos a partir dunha atmosfera sonora onde conflúen o vídeo, a instalación artística e o poema obxectual. (Retro)visor é unha rota na que se agochan a realidade e a ficción. A posta en escena será mañá xoves, ás 22,30 horas.

 

Comentarios pechados