Menu Xerais

Antonio García Teijeiro fala de «Non hai noite tan longa» na súa columna de A Nosa Terra

Antonio García Teijeiro fala de  Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz na súa columna de A Nosa Terra. Reproducimos o parágrafo:

Gocei moitísimo co libro de Agustín Fernández Paz, Non hai noite tan longa. Coa súa prosa limpa, o seu estilo pulcro, o compromiso de poñer o dedo na ferida, conseguiu emocionarme cunha historia moi ben contada. Posúe a novela moitos valores literarios e, estou seguro, valores didácticos que nos permiten conxugar literatura-vida-periodo histórico dunha maneira maxistral sen rebaixar, en ningún momento, a súa calidade literaria. O escritor vilalbés, coa súa mestría, non nos deixa esquecer o valor da literatura con esta novela, todo un canto á dignidade do ser humano. Case nada nesta época  de mediocridade social tan acusada.

Comentarios pechados