Menu Xerais

«Ao pé da Laxa da Moa» de Antón Cortizas presentarase o domingo na Feira do Libro de Ferrol

Mañá domingo, 25 de abril, ás 19:00 horas na Feira do Libro de Ferrol (Cantón de Molins) presentarase o libro de Antón Cortizas Ao pé da Laxa da Moa, un groso volume que recolle un labor de recolleita e transmisión da riqueza literaria oral do concello de Carnota. Unha colectánea, ilustrada por Fino Lorenzo, de numerosos cantares, adiviñas, trabalinguas, contos, lendas e máis refráns. No acto acompañará ao autor, o editor Manuel Bragado.

Hoxe, na mesma Feira do Libro de Ferrol, ás 19:00 horas Rosa Aneiros dará unha charla e asinará os seus libros maís recentes Sol de Inverno (PREMIO XERAIS DE NOVELA 2009) e Ás de bolboreta (PREMIO F. CAIXA GALICIA 2009); mentres ás 19:30 o ferrolán Jorge Llorca asinará exemplares do seu libro O’ Salto do Can.

Comentarios pechados