Menu Xerais

Aportación deliciosa: «O gato fantasma», de Xelís de Toro. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre O gato fantasma, de Xelís de Toro.

 

O gato fantasma

Publica Xerais na súa colección “Merlín” -unha colección que ben alegrías nos proporciona- esta obra de Xelís de Toro con ilustracións de Almudena Aparicio Andión: O gato fantasma é unha novela para gozar da escrita dun Xelís de Toro que botamos de menos e que, como o Guadiana, aparece e desparece sen facer moito ruído, pero que agasalla libros e momentos de pracer. Un gato que pode ser pantasma, ou non, ou unha metáfora de caracteres e malentendidos. A saber. Porque… como debemos actuar cando nos enfadamos? Cando pensamos que un amigo que nos falla? Cando a carraxe se apodera de nós e goberna sobre calquera tipo de racionalidade? Claro que debemos parar e pensar… pero mentres, está ben ter un debuxo a quen botar man. Seguro que os nenos e nenas lectores comprenderán que este libro é unha aportación deliciosa para o seu maxín

Xelís de Toro

Comentarios pechados