Menu Xerais

Aquela nova California: «O volframio en Varilongo, Santa Comba de Xallas (1941-1963)», de Carmen Blanco Ramos. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre sobre o libro O volframio en Varilongo, Santa Comba de Xallas (1941-1963), de Carmen Blanco Ramos.

 

Aquela nova California

 Prologada por Xesús Alonso Montero, é esta unha valiosa e orixinal monografía que afonda, desde as instancias dun excelente traballo de documentación e investigación, en moitos casos recorrendo a fontes orais, no que supuxo a explotación de volframio de Varilongo (Santa Comba de Xallas) entre 1941 e 1963 e que converteu aquel espazo, como tamén ocorreu coas minas de Fontao e Noia, nunha nova California. A autora repara con fortuna nos intereses políticos que pairaban sobre sobre as minas e tamén sobre cuestións que relacionan o volframio coa micro-economía familiar, coa presenza da familia Liste ou cos ecos literarios, populares e cultos, que xerou.

Ramón Nicolás

Comentarios pechados