Menu Xerais

Arqueoloxía, etnografía, cultura, economía, historia: «O Miño. Un caudal de historia», de Anselmo López Carreira. Crítica de Emilio Xosé Ínsua

Emilio Xosé Ínsua publica no seu blog unha anotación sobre O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira.

 

O MIÑO. UN CAUDAL DE HISTORIA, de Anselmo López Carreira

Edicións Xerais ofrece na súa colección Libro X este ameno ensaio do historiador e recoñecido medievalista Anselmo López Carreira, vigués de nacemento (1951) e ourensán de infancia. Seguindo o percurso en diagonal do río Miño pola nosa xeografía e facendo “paradas” en moitos dos lugares emblemáticos das súas ribeiras, desde o nacemento no Pedregal de Irimia ata a desembocadura na Guarda, pasando por Lugo, Portomarín, Ourense, O Ribeiro, Tui, etc., o autor reconstrúe con rigor e brevidade moitos momentos, figuras, fenómenos e circunstancias da nosa historia comunal, sen deixar de deitar de cando en cando agudas reflexións historiográficas ou evocar aspectos do seu relacionamento persoal co río. O arqueolóxico mestúrase sabiamente co etnográfico, o económico co cultural, o propiamente histórico coa Galiza problemática de hoxe e así o libro vai debullando un sinfín de coñecementos enriquecedores que se presentan por xunto nunha prosa limpa e fluída. Unha magnífica achega para un verdadeiro “coñecemento do medio” galego.

Emilio Xosé Ínsua

Deixa un comentario!