Menu Xerais

As cadeas emocionais de Berta Dávila con «Raíz da fenda», o poemario máis premiado e reeditado dos últimos anos

O poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila, acaba de recibir dos novos recoñecementos de xeito case simultáneo: o Premio AELG ao mellor libro de poesía do ano e o Premio da Crítica 2014. A estes dous galardóns súmase o Premio Ánxel Casal á mellor autora do ano, outorgado pola Asociación Galega de Editores.

Antes de recibir ningún destes recoñecementos, o poemario Raíz da fenda xa se reeditara en varias ocasións; tres impresións en oito meses constitúe todo un fito para un libro de poesía, e moito máis nestes tempos de crise.

 

A xornalista Montse Dopico recolle no Magazine Cultural Galego unha reportaxe sobre o tema que aborda Raíz da fenda, o poemario de Berta Dávila.

 

«Hai cadeas emocionais que nos impoñemos. Ao rachar con elas, temos que reconstruírnos»

Berta Dávila está a converterse nunha das escritoras novas máis recoñecidas do país. Acaba de engadir dous galardóns máis á listaxe non pequena de premios que xa tiña.

Berta Dávila gañou o Premio da Crítica Galega e o Premio de Poesía da AELG con ‘Raíz da fenda’, unha obra nada da perda, do desamparo que provoca a morte dun ser querido. A lectura deste libro suxerírame, no seu momento, unha procura. A doutras obras da nosa literatura xurdidas desa fractura vital que é a ausencia das persoas que queremos. O resultado foi unha reportaxe que publiquei no Faro da Cultura e que recupero hoxe.

 

Comentarios pechados