Menu Xerais

“Asasinato no Consello Nacional”: “Algo máis ca un entretemento”

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog “Bouvard e Pécuchet” unha longa crítica de Asasinato no Consello Nacional, a novela de Diego Ameixeiras. Recomendamos a lectura dun texto crítico moi interesante que comeza con estes dous parágrafos:

Cando se fala de novela policial e de éxito de vendas, dun xeito inmediato, pénsase que estamos ante un relato que só serve para pasar o tempo cunha lectura máis ou menos agradable. Mais a boa novela policial, aínda que sexa entretemento, é bastante máis ca entretemento. Esta novela policial de Ameixeiras é entretemento, pero tamén moitas cousas máis.

Unha historia policial ben contada, a investigación do asasinato do parlamentario do Bloque Mario Dacosta por parte do detective privado Alberte Cudeiro,  permítelle a Ameixeiras facer unha reflexión sobre a Galicia actual, a Galicia posterior ás eleccións de marzo de 2009.

Comentarios pechados