Menu Xerais

«Asasinato no Consello Nacional», de Diego Ameixeiras, elixido polos libreiros como Libro do ano

Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras, recibiu o Premio ao Libro do ano, no marco dos XX Premios Irmandade do Libro que se celebraron en Narón na noite do pasado sábado e que concede a Federación de Libreiros de Galicia. Este galardón confirma a magnífica traxectoria que este libro de Diego Ameixeiras está a ter desde a súa saída ás librerías.

A decisión do xurado fundamentouse na excelente recepción que esta obra tivo entre os lectores e a aposta do autor por unha literatura que conxuga a comercialidade sen desdeñar a calidade. O autor foi quen de construír unha intriga política, que ten moito de homenaxe a Vázquez Montalbán. A novela está protagonizada polo detective Alberto Cudeiro, que investiga o asasinato do parlamentario Mario Dacosta logo de recibir ese encargo da dirección do BNG.

O autor, Diego Ameixeiras, non puido acudir a recoller o premio por estar de viaxe en Moscú, e recolleuno, no seu nome, Manuel Bragado, director de Xerais.

Comentarios pechados