Menu Xerais

«Astérix e os Pictos» pasa o exame con boa nota. Reportaxe de Carme Vidal en Sermos Galiza

Sermos Galiza publicou unha reportaxe de Carme Vidal sobre Astérix e os Pictos baixo o título «A aldea gala goza de boa saúde».

A aldea gala goza de boa saúde

“Astérix e os pictos” pasa o exame con boa nota. “Asterólog@s” de todo o mundo agardaban con atención o primeiro libro no que nin Goscinny nin Uderzo eran autores. O resultado convence e mesmo regresa á ampla “troupe” á memoria dos primeiros números, aos Astérix en estado puro.

A capa de Astérix e os pictos (Xerais) recolle os nomes dos creadores da serie René Goscinny (guionista) e Albert Uderzo (ilustrador) canda os novos autores Juan-Yves Ferri e Didier Conrad. Todos os ollos fitaban para o novo libro que tiña que pasar o exame de millóns de especialistas de todo o mundo. Ao que nos contan, Ferri e Conrad aproban e con nota e mesmo auguran longa vida para a aldea gala.

Convenceron, por exemplo, ao autor e director do Garaxe Hermético Kiko da Silva. “Dá moi boas esperanzas aos fans e lectores da serie. Recupera moitos factores que se botaban de menos nos últimos Astérix. Tiraron por un guión que rende homenaxe á maneira de traballar de Goscinny. A aldea gala volve estar habitada por todos os personaxes e volven ter protagonismo”, comenta, xa lido e analizado por un ilustrador que sigue desde neno as aventuras de Astérix e Obélix.

“Viñetas dignas dun póster”

“O esquema é o mesmo. Ao comezo están na aldea, chega algo que os trastoca e teñen que ir a outro país para resolver un problema, á maneira clásica. Volve haber moitos xogos de palabras, referencias históricas…”, continúa para afirmar que Didier Conrad era a persoa  idónea para continuar o traballo de Uderzo. “Trátase dun debuxante fabuloso, cun trazo magnífico que, malia continuar na mesma liña, consigue darlle un toque persoal á nova serie tomando riscos como non pechar a liña, xogar coa forma de construír personaxes”, anotacións que só poden vir dun debuxante que mirou o resultado desde os ollos de autor. “Dános moitas esperanzas aos fans da serie. Tiveron que enfrontarse a este traballo con moitísima presión e iso augura que no futuro van ter liberdade creativa para deleitarnos aínda máis, tanto cos guións como coa posta de escena. Neste álbum hai viñetas dignas dun póster ou un cadro”, comenta un entusiasta Kiko da Silva mentres agarda que nalgún dos futuros libros Astérix poda chegar a Galiza.

Nos libros anteriores, da Silva tivera a sensación de que pouco futuro lle quedaba á aldea gala. “Fora decepcionante, tiña idea de que a gran serie da banda deseñada mundial acababa e, por iso, este novo libro foi un subidón. Superan con creces as expectativas”, explica.

Coñecedor da cultura francesa, Harguindey anota que a banda deseñada é no país galo un xénero moi apreciado, marca propia na que Astérix é xa mito. Con este panorama, Ferri e Conrad enfrontábanse a unha misión de especial transcendencia, cuestión de estado case. “Conseguiron vencer esa difícil tarefa. O novo Astérix convence nun exame moi esixente”, di Harguindey.

Temerosa colleu o seu exemplar Fátima Elías, bibliotecaria na Sagrada Familia da Coruña e grande especialista en banda deseñada, da que é lectora desde moi nena. Como da Silva e Harguindey, no corpo quedaba aínda o varapau dos últimos libros nos que sentía como “xa non había saída, notábase que Uderzo quería tirar mais ía cabeza abaixo”. Co libro na man, sentiu que “Astérix reviviu. Se cho colan entre os albumes anteriores parecería un deles. Este é dos bos, para chorar de riso. Como un máis. A saga reviviu. Paseino de gloria”, comenta, co entusiasmo de quen recupera algo moi valioso que tiña por perdido. “Astérix consigue levantarche o día e facerche rir. Eu paseino moi ben con moitos libros da serie. Agora volvín ter esa sensación”, asegura Fátima Elías.

Desde o seu nacemento en 1959 e até a chegada do novo libro, Astérix e Obélix protagonizaran 34 títulos e venderon arredor de trescentos cincuenta millóns de exemplares. “Astérix e os pictos”, traducido por Xavier Senín e Isabel Soto, é, tamén pola sorpresa do resultado, unha noticia histórica para a serie de banda deseñada con máis seareir@s do mundo.

Amantes do cómic teñen na Libraría Paz de Pontevedra un dos seus templos. Alí medrou Cano Paz, o responsábel do establecemento, apegado a Asterix ou Tintin desde moi cativo. Por iso, cando chegou o novo título lanzouse a el, como Kiko, algo desconfiado despois do fiasco dos últimos libros. “Alegroume, gostei moito del. Volven os personaxes da aldea e a trama recupera a calidade de antes”, sinala Cano Paz ao tempo que confía no futuro da serie, unha vez os autores de libren da moita presión que deberon sofrer nesta primeira entrega.

Carme Vidal

Comentarios pechados