Menu Xerais

Audacidade narrativa entre fantástico e o real: «15.724», a novela de Xesús Constela que converte a lectura en algo marabilloso. Crítica de Ramón Rozas

Ramón Rozas publicou na Revista do Diario de Pontevedra, o pasado 19 de agosto, unha recensión crítica sobre 15.724,  a novela de Xesús Constela.

«Xesús Constela dá un paso adiante na nosa narrativa con esta novela que atrapa a un lector indefenso ante a sucesión de acontecementos que suceden entre as súas páxinas», asegura Ramon Rozas na recensión crítica, engadindo: «Achegámonos a coñecer a realidade dunha historia dura e chea de aristas, moitas delas afiadas que fenden no corpo dos protagonistas sometidos ás leis dun país non tan alonxado dalgún dos que podemos ver aínda hoxe».

Máis adiante, Rozas continúa: «Xesús Constela manexa de xeito audaz esa vertente do fantástico e do real, dese mundo no que nos adentra o autor e do que chegamos a saber a súa realidade ao mesmo tempo que o protagonista nunhas páxinas finais abraiantes pola súa construción que deixan ao libro no seu remate nun punto álxido. Ese punto que converte a lectura nalgo marabilloso e que te vai acompañar aínda durante varias xornadas nas que a túa mente aínda repousa nese lombro onde unha serie de seres vense sometidos por un sistema político  que controla todos os seus actos, cunha prensa afín a ese rréxime que vai pautando as condutas dos seus habitantes».

Pode lerse a crítica completa en pdf.

Deixa un comentario!