Menu Xerais

«Avións de papel, de Xavier Estévez, no Club Lendo Contigo de Espazo Lectura en Gondomar. Video sobre o libro

A novela infantil Avións de papel, de Xavier Estévez, centrará o sábado 25 de novembro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, coa presenza do autor, Teresa González Costa. A novela está ilustrada por Marcos Viso e publicada na colección Sopa de Libros. O equipo coordinador dese club de lectura elaborou, ademais, un vídeo que reproducimos abaixo.

 

 

O escritor Xavier Estévez participa este sábado no club de lectura Lendo Contigo

O sábado 25 de novembro, ás 12 da mañá, a Casa da Lectura acollerá a sesión mensual do club de lectura compartida Lendo Contigo. Nesta ocasión, os nenos e nenas que se animen a participar, falarán e compartirán experiencias arredor do libro «Avións de papel», de Xavier Estévez, unha novela sobre a amizade relatada sobre o fondo da arte urbana, dos traballos pictóricos, sexan graffitis ou murais, que humanizan a cidade e a fan máis fermosa. O propio autor estará na sesión para conversar coas familias participantes.

Deixa un comentario!