Menu Xerais

Avivece a lenda do misterioso Dr. Saa, o Conde de Waldemar. No blog de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog unha anotación sobre O misterioso Dr. Saa, libro subtitulado A historia do Conde de Waldemar, ilusionista, prestidixitador e telépata, de Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán.

 

 

Noticia do Conde de Waldemar

Trátase, sen dúbida, dunha das personalidades máis importantes e suxestivas de Galiza no século XX. Tanto como destendida no panorama cultural galego, que agás para Trapero Pardo, o Mago Antón e o mundo da maxia lucense permanece case descoñecido. Velaí, logo, que o libro de Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzman sexa fundamental á hora de botar luz e reivindicar a figura de Manuel Rodríguez Saa, Mago de Reis e Rei de Magos, que paseou a súa extraordinaria habilidade no mundo da maxia e do ilusionismo polos máis importantes escenarios do orbe, incluíndo representacións para varias casas reais, entre elas a de Hiro Hito ( nunca antes un mago, e moi poucas persoas en xera ultrapasaran os muros da divinidade entre os que vivía o emperador nipón), e que frecuentou personalidades de primeira magnitude que agasallaron coa súa admiración e favor. E, o que é máis importante, nunca deixou de obsequiar a súa maxia á xente de a pé, na cefetaría, nas festas, ou na parada do coche de liña sempre estaba pronto a efectuar algunha prestidixitación asombrosa. Porén casou lonxe ( Filipinas), cunha das mulleres máis ricas e influentes  do entón, botou case toda a vida fóra, e quizá iso marcou le marcou un destino no esquezo.

É hora de recuperalo. É de xustiza.

Xosé Manuel Eyré

Comentarios pechados