Menu Xerais

Axenda

Presentación de “Un señor elegante” de Suso de Toro na Coruña

O xoves 10 de xuño de 2021, ás 19:30 horas, na librería Lume, rúa Fernando Macías 3, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Un señor elegante de Suso de Toro. No acto participarán Xosé Antón Fraga,  Xosé Luís Axeitos e Suso de Toro.

Presentación de “Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo” en Verín

O xoves 10 de xuño de 2021, ás 20:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Verín, terá lugar a presentación do libro Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo de Alberte Blanco Casal.

Presentación de “Lixeiro” de Ismael Ramos en Santiago

O mércores 9 de xuño, ás 19:30 horas, en NUMAX, Concepción Areal 9, Santiago, terá lugar a presentación do libro Lixeiro de Ismael Ramos. Participarán Daniel Salgado e Ismael Ramos.

Feira do Libro de Ourense 2021. Sinaturas

Do 2 ao 5 de xuño, na rúa do Paseo de Ourense, terá lugar a Feira do Libro de Ourense 2021 na que Xerais ten organizadas as seguintes sinaturas de exemplares: O xoves 3 de xuño, ás 20:00 horas, Xabier Domínguez e Alba De Eván, asinarán exemplares do seu libro Maxia de pedra.           O venres 4 de xuño, ás 20:00 horas, Antonio Tizón asinará exemplares de Os incurábeis e do resto da súa obra.

Presentación de “Coidadora” de María Marco en Vigo

O luns 31 de maio, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Marco, rúa do Príncipe 54 de Vigo, terá lugar a presentación da novela Coidadora de María Marco, Premio Xerais de Novela 2020. No acto participarán María Marco e Fran Alonso. Aforo restrinxido a 34 persoas polas normas anti-covid.

Sinaturas na Feira do Libro do Porriño 2021

Do 27 ao 30 de maio terá lugar a Feira do Libro do Porriño na que asinarán: Ledicia Costas o venres 28 de maio a partir das 18:00 horas. María Reimóndez o domingo 30 de maio a partir das 19:00 horas.

Presentación en Ames de “Un señor elegante” de Suso de Toro

O mércores 26 de maio ás 20:00 horas, no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, Ames, terá lugar a presentación da novela Un señor elegante de Suso de Toro. No acto, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ames, participarán Blas García Piñeiro, alcalde de Ames, Natividade González Rodríguez, concelleira de cultura e Suso de Toro.

Presentación en Ribeira de “Celada” de Antonio Piñeiro

O venres 30  de abril de 2021, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Ribeira, terá lugar a presentación da novela Celada de Antonio Piñeiro, obra gañadora do VII Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. Para asistir ao acto é necesario reservar no correo culturaefestexos@ribeira.gal Colaboran: Deputación da Coruña, Asociación Barbantia e La Voz de Galicia.

Sinaturas na Feira do Libro de Compostela 2021

Do 8 ao 17 de maio, no Paseo Central da Alameda de Compostela, terá lugar a Feira do Libro de Santiago 2021 Día 8 de maio,  sábado 18:00 h.: Yolanda Castaño asinará exemplares de Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias Día 9 de maio,  domingo 19:00 h.: Carlos Negro asinará exemplares de Non cantan paxaros neste bosque 20:00 h.: Manuel Gago asinará exemplares de Nus Día 11 de maio,  martes 20:00 h.

Presentación do libro “Narrativa e imaxinario nacional…” de Mario Regueira

O día 28 de abril, quarta-feira, 18h00 (ás 19:00 horas galegas), via Zoom: Apresentação do livro Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario na posguerra (1936-1966), de Mario Regueira. No acto, organizado pola UNICEPE, cooperativa livreira do Porto, participará Arturo Casas, que orientou a tese de doutoramento de Mario Regueira e o autor.     Entrar na reunião Zoom https://us02web.zoom.

Presentación na Coruña: “Dicionario irreal para un país imposible” de Xavier Seoane

O mércores 21 de abril de 2021, ás 20:00 horas, na Fundación Luis Seoane, terá lugar a presentación do libro Dicionario irreal para un país imposible de Xavier Seoane, ilustrado por Ramón Trigo. No acto, organizado na programación “Somos o que lemos – Encontros coa literatura contemporánea”, participarán Xavier Seoane e Javier Pintor.

Sinaturas de libros de Xerais na Feira do Libro de Ferrol

Do 23 ao 25 de abril terá lugar a Feira do Libro de Ferrol: Día 23 de abril,  venres, ás 20:00 h.: Xurxo Souto asinará exemplares de O retorno dos Homes Mariños e do resto da súa obra. Día 25 de abril,  domingo ás 18:00 h.:  Ignacio Vidal Portabales asinará exemplares de Lara e Sabela e do resto da súa obra.