Menu Xerais

Axenda

Presentación en Maceda de “Sarou / Louzós” de Ramón Caride

O xoves, 27 de decembro, ás 19:30 horas, na Librería Ler, Praza Maior de Maceda, terá lugar a presentación do libro Sarou / Louzós de Ramón Caride. No acto participarán Alejandro Vázquez, Avelina Losada, Francisco Prol e o autor. Estrea do booktráiler do libro realizado por David M. Fidalgo.

Presentación en Allariz de “A noite branca”

O venres, 21 de decembro, ás 20:30 horas, na Fundación Vicente Risco, rúa San Lorenzo, 3 de Allariz, terá lugar a presentación da novela A noite branca de Francisco X. Fernández Naval. No acto participarán Luís Martínez-Risco e o autor. Acompañamento musical de José Luís Fernández Carnicero. Ao remate servirase un viño ofrecido por Colección Costeira.

Sinatura de exemplares de “En vías de extinción” en Santiago

O xoves, 27 de decembro, a partir das 18:00 horas, María Reimóndez asinará exemplares de En vías de extinción na Libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6 de Santiago.

Encontro-coloquio con lectoras/es de “En vías de extinción”

O xoves, 20 de decembro, ás 20:00 horas, no Café de Catro a Catro, rúa Girona, 16 de Vigo, terá lugar un coloquio coas lectoras e lectores do libro En vías de extinción de María Reimóndez. María Reimóndez, acompañada por Elisabet Pérez Costas e Raquel Cordeiro Ferreira, da Asociación Nós Mesmas, compartirá coas lectoras/es as súas impresións sobre a novela e firmará exemplares.

Sinatura de “Fútbol es fútbol” de Jacobo Buceta

O xoves, 20 de decembro a partir das 19:30 horas, Jacobo Buceta asinará exemplares do seu libro Fútbol es fútbol no departamento de librería de El Corte Inglés de Vigo.

Lectura de “As voces baixas” en Pontevedra

O xoves, 20 de decembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos Sexto Edificio do Museo, rúa Padre Amoedo Carballo, 3 en Pontevedra, terá lugar unha lectura da novela As voces baixas de Manuel Rivas. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, participarán Manuel Rivas e Manuel Bragado.

Presentación de “A noite branca” na Coruña

O xoves, 20 de decembro, ás 20:00 horas, no salón de Portas Ártabras, rúa Sinagoga, 22 da Coruña, terá lugar a presentación da novela A noite branca de Francisco X. Fernández Naval. No acto, organizado en colaboración coa Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, intervirán Felipe Senén, Eva Veiga, Fran Alonso, o autor e contará co acompañamento musical de Antonio Facal Rivas.

Lectura de “As voces baixas” en Ourense

O mércores, 19 de decembro, ás 20:00 horas, no Salón Noble do Liceo, rúa Valentín Lamas Carvajal, 5 de Ourense, terá lugar unha  lectura de As voces baixas de Manuel Rivas. No acto participarán Manuel Rivas e Manuel Bragado. A partir das 19:00 horas, Manuel Rivas asinará exemplares na Livraria Torga, rúa da Paz, 16 de Ourense.

Presentación de “As voces baixas” en Vigo

O martes, 18 de decembro, ás 20:00 horas, na libraría Librouro, Eduardo Iglesias, 12 de Vigo, terá lugar a lectura-presentación do libro As voces baixas de Manuel Rivas. No acto participarán, Antón Patiño, Manuel Bragado e Manuel Rivas. A partir das 18:00 horas, Manuel Rivas asinará exemplares da súa obra.

Presentación en Santiago de “A noite branca”

O martes, 18 de decembro, ás 20:00 horas, na Capela do IES Rosalía de Castro de Santiago, terá lugar a presentación da novela A noite branca de Francisco Xosé Fernández Naval. No acto participarán María Jesús Cabado Pampín,  Xosé M. Núñez Seixas (LMU, Múnich), que intervirá a través de skype, Fran Alonso e o autor. Acompañamento musical de Carlos Arias. Ao remate servirase un viño ofrecido por Colección Costeira.

Presentación en Silleda de “Como falar e escribir en galego con corrección e fuidez”

O martes, 18 de decembro, ás 21:00 horas, na Biblioteca Municipal Daniel Castelao de Silleda, terá lugar a presentación do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez de Carlos Callón.

Presentación de “Abecedario das mantenzas” na Coruña

O luns, 17 de decembro, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Real Academia Galega, Tabernas, 11.  A Coruña, terá lugar a presentación do libro Abecedario das mantenzas de Fausto Galdo. No acto participarán, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Cristino Álvarez, Faxildo Galdo e Manuel Bragado.