Menu Xerais

Axenda

Presentación en Ares de “Cartas de inverno. Novela gráfica” de Antonio Seijas

O xoves, 29 de novembro, ás 20:00 horas, na Alianza Aresana, rúa María, 11 de Ares, terá lugar a presentación de Cartas de inverno. Novela gráfica de Antonio Seijas. No acto, organizado polo Concello de Ares e Xerais, participarán Julio Ignacio Iglesias Redondo (alcalde de Ares), Agustín Fernández Paz, Manuel Bragado e Antonio Seijas.

Presentación en Vigo de “Iria” de Anxo Angueira

O sábado, 24 de novembro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación da novela Iria de Anxo Angueira. Este acto, organizado pola Asociación Bou Eva, será na rúa Térzo de Fóra, 11 en Vigo. Aproveitando a presenza de Anxo Angueira, a Asociación pediulle que sexa o anfitrión do serán e que presente os paneis sobre embarcacións tradicionais da Asociación de Embarcacións Tradicionais de Bouzas.

Presentación en Vigo de “Poesía Completa” de Valentín Paz-Andrade

O mércores, 28 de novembro, ás 20,00 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Poesía Completa de Valentín Paz-Andrade en edición de Gregorio Ferreiro Fente. No acto participarán, Gregorio Ferreiro Fente, Xesús Alonso Montero, Alfonso Paz Andrade e Manuel Bragado.

Presentación en Vigo de “O rastro que deixamos” de Agustín Fernández Paz

O venres, 23 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Librouro, rúa Eduardo Iglesias, 12 de Vigo, terá lugar a presentación do libro O rastro que deixamos de Agustín Fernández Paz. No acto intervirán, Isabel Soto, Manuel Bragado e Agustín Fernández Paz.

Presentación e Pontevedra de “Atl” de Manuel Lourenzo González

O xoves, 22 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos Sexto Edificio do Museo, rúa Padre Amoedo Carballo, 3 en Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Atl de Manuel Lourenzo González, PREMIO BLANCO AMOR DE NOVELA, 2011. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra,  intervirán Manuel Figueiras, Manuel Bragado e o autor. Como peche, actuará o grupo de pandeireteiras Adonairare.

Presentación en Compostela de “A Estrela de Oriente” de Pemón Bouzas

O mércores, 21 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación do libro A Estrela de Oriente de Pemón Bouzas. No acto, participarán Manuel Bragado e Pemón Bouzas.

Presentación en Ourense de “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro”

O luns, 19 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón Noble do Liceo de Ourense, rúa Valentín Lamas Carvajal, 5, terá lugar a presentación de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás. No acto participarán Xoán Carlos Domínguez Alberte, Luís Ferreiro, Manuel Bragado e o autor. Como peche, actuará María do Ceo acompañada de Pepe Salgado.

Concerto sobre «O meu primeiro Celso Emilio Ferreiro» no Teatro Jofre de Ferrol o vindeiro venres

O Diaro de Ferrol publicou unha información de Nicolás Vidal sobre o libro-disco O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales, que foi presentado a pasada semana nun concerto en Lugo e que o vindeiro venres se presenta no Teatro Jofre de Ferrol.

Presentación de “Tonas de laranxa”, Premio Xerais de Novela 2012, en Padrón

O venres, 16 de novembro, ás 19,30 horas, no Auditorio Municipal de Padrón, terá lugar a presentación do libro Tonas de laranxa de Manuel Lorenzo Baleirón e María Lorenzo Míguens, novela gañadora do Premio Xerais 2012. Intervirán Anxo Angueira, Manuel Bragado e os autores.

Presentación de “O corazón de Xúpiter” de Ledicia Costas en Vigo

O xoves, 15 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo, terá lugar a presentación da novela O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas. O acto contará coa participación do músico Mig Seoane, Manuel Bragado e Ledicia Costas.

Presentación de «En vías de extinción» de María Reimóndez en Pontevedra

O xoves, 15 de novembro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación da novela En vías de extinción de María Reimóndez, na libraría Paz, rúa Peregrina, 29 de Pontevedra. No acto participarán Eva Mejuto, Fran Alonso e María Reimóndez. Con motivo da presentación, a autora organizou un sorteo do que hai información en:  http://www.enviasdextincion.

“O meu primeiro Celso Emilio” en concerto

O venres, 9 de novembro, ás 20 horas, terá lugar o concerto O meu primeiro Celso Emilio no Círculo das Artes de Lugo. Actuarán María Manuela, Mini e Mero e Xiana Lastra.