Menu Xerais

Axenda

Presentación de “Para unha crítica do españolismo” na Feira do Libro da Coruña

O luns, 6 de agosto, ás 20:00 horas na Feira do Libro da Coruña presentarase o libro de Camilo Nogueira Para unha crítica do españolismo. Acompañará ao autor o editor Manuel Bragado.

Asinatura de Agustín Fernández Paz na Feira do Libro da Coruña

O luns, 6 de agosto, ás 19:30 horas na Feira do Libro da Coruña o escritor Agustín Fernández Paz asinará exemplares das súas obras.

Presentación de “A narrativa mariña” na Feira do Libro da Coruña

O sábado 4 de agosto, ás 21:15 horas na Feira do Libro da coruña presentarase o libro A narrativa mariña de Gonzalo López Abente. No acto participan: Suso Sambade, X.H. Rivadulla Corcón e Manuel Bragado.

Presentación de “A derrota de Galicia” na Feira do Libro da Coruña

O sábado 4 de agosto, ás 20:45 horas, na Feira do Libro da Coruña presentarase o libro A derrota de Galicia de Antón Baamonde.

Presentación de “Xente Nova a Brais Pinto” na Feira do Libro da Coruña

O sábado 4 de agosto, ás 20:00 horas, na Feira do Libro da Coruña presentarase o libro De Xente Nova a Brais Pinto de Xosé Fernández Ferreiro. No acto articipan: Manuel Bragado e o autor.

Manuel Rivas na Feira do Libro da Coruña

O mércores, 1 de agosto, ás 20:00 horas, Manuel Rivas realizará unha lectura de fragmentos da súa obra: un conto inédito de O máis estraño, un  capítulo de Todo é silencio e inéditos do libro de próxima aparición en Xerais titulado  As voces baixas. Ao remate da lectura, Manuel Rivas asinará exemplares da súa obra.

Tertulia sobre a triloxía Dragal en Pontevedra

O vindeiro xoves, 26 de xullo, ás 20:00 horas, terá lugar, na libraría Kronopios de Pontevedra, unha tertulia sobre a triloxía de Dragal de Elena Gallego. Neste acto, organizado por Onda Cero Pontevedra, os lectores/as poderán conversar coa autora.

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Xerais participa na Feira do Libro da Coruña, que terá lugar nos Xardíns Méndez Núñez do 1 ao 10 de agosto, co seguinte programa de presentacións e sinaturas: Día 1 mércores 20:00 h.

Presentación de “O meu primeiro Celso Emilio” en Teo

O venres, 27 de xullo, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Teo, terá lugar a presentación do libro O meu primeiro Celso Emilio de Xosé e Xiana Lastra. No acto participarán Carme Hermida, Manuel Bragado e Xosé Lastra. Logo da presentación, María Manuela, Mero, Mini e Xiana darán un concerto das pezas do CD que acompaña ao libro. Este acto realízase coa colaboración do Concello de Teo. Booktrailer do libro.

Presentación de “As rapazas de Xan” no Festigal 2012

O martes, 24 de xullo, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación da novela As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes. No acto, organizado con motivo do FESTIGAL, 2012 (Campus Sur-Santiago de Compostela), participarán Pablo Vaamonde, Che Turnes, Manuel Bragado e o autor.

Presentación de “Para unha crítica do españolismo” no Festigal, 2012

O mércores, 25 de xullo, ás 18:15 horas, terá lugar a presentación do libro Para unha crítica do españolismo de Camilo Nogueira. No acto, organizado con motivo do FESTIGAL, 2012 (Campus Sur- Santiago de Compostela), participarán Suso de Toro, Manuel Bragado e o autor.

Presentación de “Para unha crítica do españolismo” de Camilo Nogueira na Coruña

O xoves, 12 de xullo, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro Para unha crítica do españolismo de Camilo Nogueira no Circo de Artesáns, rúa San Andrés, 36-2º na Coruña. No acto, organizado polo Club de Opinión Foro Cívico e Xerais,  participarán Manuel Bragado, Xabier P. DoCampo e Camilo Nogueira.