Menu Xerais

Axenda

Presentación en Ourense de “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro”

O luns, 19 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón Noble do Liceo de Ourense, rúa Valentín Lamas Carvajal, 5, terá lugar a presentación de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás. No acto participarán Xoán Carlos Domínguez Alberte, Luís Ferreiro, Manuel Bragado e o autor. Como peche, actuará María do Ceo acompañada de Pepe Salgado.

Concerto sobre «O meu primeiro Celso Emilio Ferreiro» no Teatro Jofre de Ferrol o vindeiro venres

O Diaro de Ferrol publicou unha información de Nicolás Vidal sobre o libro-disco O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales, que foi presentado a pasada semana nun concerto en Lugo e que o vindeiro venres se presenta no Teatro Jofre de Ferrol.

Presentación de “Tonas de laranxa”, Premio Xerais de Novela 2012, en Padrón

O venres, 16 de novembro, ás 19,30 horas, no Auditorio Municipal de Padrón, terá lugar a presentación do libro Tonas de laranxa de Manuel Lorenzo Baleirón e María Lorenzo Míguens, novela gañadora do Premio Xerais 2012. Intervirán Anxo Angueira, Manuel Bragado e os autores.

Presentación de “O corazón de Xúpiter” de Ledicia Costas en Vigo

O xoves, 15 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo, terá lugar a presentación da novela O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas. O acto contará coa participación do músico Mig Seoane, Manuel Bragado e Ledicia Costas.

Presentación de «En vías de extinción» de María Reimóndez en Pontevedra

O xoves, 15 de novembro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación da novela En vías de extinción de María Reimóndez, na libraría Paz, rúa Peregrina, 29 de Pontevedra. No acto participarán Eva Mejuto, Fran Alonso e María Reimóndez. Con motivo da presentación, a autora organizou un sorteo do que hai información en:  http://www.enviasdextincion.

“O meu primeiro Celso Emilio” en concerto

O venres, 9 de novembro, ás 20 horas, terá lugar o concerto O meu primeiro Celso Emilio no Círculo das Artes de Lugo. Actuarán María Manuela, Mini e Mero e Xiana Lastra.

Presentación de “Fútbol es fútbol” de Jacobo Buceta en Vigo

O luns, 29 de outubro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Fútbol es fútbol de Jacobo Buceta. No acto participarán Xaime Escudeiro, Jacinto Barreiro, Javier Rodríguez, Manuel Bragado e Jacobo Buceta.

Presentación de “Gran tiburón branco” de Samuel Solleiro en Compostela

O martes, 30 de outubro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro Gran tiburón branco de Samuel Solleiro. No acto, que terá lugar na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, participarán Ana Salgado, Manuel Bragado e Samuel Solleiro.

Presentación en Arzúa de “As rapazas de Xan” de Manuel Iglesias Turnes

O sábado, 27 de outubro, ás 21:30 horas, na Capela da Magdalena en Arzúa, terá lugar a presentación de As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes. No acto participarán Pablo Vaamonde García, Che Turnes e Manuel Iglesias Turnes.

Presentación en Vigo de “Palabras de auga” de Marcos Calveiro. Premio Merlín 2012

O venres, 26 de outubro, ás 20:0o, na Casa do Libro de Vigo, rúa Velázquez Moreno, 27 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Palabras de auga de Marcos Calveiro (PREMIO MERLÍN, 2012). No acto participarán Agustín Fernández Paz, Ramón Trigo (ilustrador do libro), Manuel Bragado e Marcos Calveiro.

Presentación en Celanova de “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro” de Ramón Nicolás

O vindeiro xoves, 25 de outubro, ás 20:00 horas, na Sala da Lareira da Fundación Curros Enríquez, rúa Curros Enríquez, 37 de Celanova, terá lugar a presentación do libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás. No acto intervirán Luís Ferreiro, José Luís Ferro (Alcalde de Celanova e Presidente da Fundación Curros Enríquez), Manuel Bragado e Ramón Nicolás.

Presentación en Ferrol de “15.724″ de Xesús Constela

O venres, 19 de outubro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos, rúa Rubalcava, 30-32 de Ferrol, terá lugar a presentación da novela 15.724 de Xesús Constela. No acto participarán Adolfo Caamaño, Manuel Bragado e Xesús Constela.