Menu Xerais

Axenda

Presentación de “A noite branca” en Lugo

O xoves, 24 de xaneiro, ás 20:15 horas, na Librería Biblos, rúa Salvador de Madariaga, 1 – Local 4 de Lugo, terá lugar a presentación do libro A noite branca de Francisco X. Fernández Naval. No acto participarán Carmen Blanco, Fran Alonso, o autor. Acompañamento musical de Carlos Arias. Ao remate servirase un viño ofrecido por Colección Costeira.

Presentación en Santiago de “Todo OK” de Diego Ameixeiras

O xoves, 24 de xaneiro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a primeira presentación da novela Todo OK.  de Diego Ameixeiras. Acompañarán ao autor, o xornalista Fran P. Lorenzo e Manuel Bragado. Todo OK, novela publicada en novembro de 2012, vai xa pola segunda edición.

Presentación e Paiosaco de “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez” de Carlos Callón

O sábado, 19 de xaneiro, ás 18:00 horas, no local da Asociación de Veciñas e veciños Campo da Feira (Avda. de Bergantiños, 48, na estrada de Carballo-A Coruña), presentarase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez de Carlos Callón. Este libro, aparerecido no mes de outubro de 2012, vai xa pola segunda edición.

Presentación en Ribadavia de “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez” de Carlos Callón

O venres, 18 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Pub Aljama de Ribadavia, terá lugar a presentación do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez de Carlos Callón. No acto intervirán o autor, Carlos Callón e o responsable da Mesa na zona do Carballiño-Ribeiro, Eladino Cabanelas.

Presentación en Ourense de “Castelao na Unión Soviética en 1938” de Xesús Alonso Montero

O luns, 14 de xaneiro, ás 20:00 horas, no salón noble do Liceo, rúa Valentín Lamas Carvajal, 5 de Ourense, terá lugar a presentación do libro Castelao na Unión Soviética en 1938 de Xesús Alonso Montero. No acto participarán, Manuel Peña Rei, Manuel Bragado e Xesús Alonso Montero.

Manuel Rivas asina “As voces baixas” na Fnac da Coruña

O xoves, 10 de xaneiro, a partir das 19:30 horas, Manuel Rivas asinará exemplares de As voces baixas na Fnac, Praza de Lugo, s/nº A Coruña. As voces baixas, que vai xa pola segunda edición e que leva máis de 6.000 exemplares vendidos, foi o libro de narrativa en galego máis vendido neste nadal.

Presentación de “Dark butterfly” de Rexina Vega en Cambre

O venres, 28 de decembro ás 20:00 horas, na librería A Libreira, rúa Luís Seoane, 2 O Temple en Cambre, terá lugar a presentación da novela Dark butterfly de Rexina Vega. No acto participarán as escritoras Dores Tembrás, Begoña Paz e a autora. Despois do acto, seguindo o esquema dos xa míticos vermús literarios de A Libreira, convidarase a viño galego e petiscos.

Manuel Rivas asina “As voces baixas” na librería Nova Colón da Coruña

O sábado, 22 de decembro, a partir das 19:30 horas, na librería Nova Colón, rúa Olmos, 9 da Coruña, Manuel Rivas asinará exemplares de As voces baixas.

Manuel Rivas asina “As voces baixas” na librería Arenas da Coruña

O venres, 21 de decembro, a partir das 19:00 horas, na librería Arenas, Cantón Pequeno, 25 da Coruña, Manuel Rivas asinará exemplares de As voces baixas.

Presentación de «A noite branca», de Francisco Fernández Naval en Arteixo

O venres, 28 de decembro, ás 20,00 horas, na Librería A Lus do Candil, rúa Historiador Vedía, 3 Arteixo, terá lugar a presentación do libro A noite branca de Francisco X. Fernández Naval. No acto participará  Modesto Fraga  e o autor. Ao remate servirase un viño ofrecido por Colección Costeira.

Lectura colectiva do libro “Do G ao Z” de Manuel Veiga en Monforte

O venres, 28 de decembro, a partir das 20:30 horas, na librería Agrasar, rúa Cardenal, 38 de Monforte, terá lugar a lectura colectiva do libro  Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico de Manuel Veiga.

Presentación en Maceda de “Sarou / Louzós” de Ramón Caride

O xoves, 27 de decembro, ás 19:30 horas, na Librería Ler, Praza Maior de Maceda, terá lugar a presentación do libro Sarou / Louzós de Ramón Caride. No acto participarán Alejandro Vázquez, Avelina Losada, Francisco Prol e o autor. Estrea do booktráiler do libro realizado por David M. Fidalgo.