Menu Xerais

Axenda

Presentación en Santiago de “A noite branca”

O martes, 18 de decembro, ás 20:00 horas, na Capela do IES Rosalía de Castro de Santiago, terá lugar a presentación da novela A noite branca de Francisco Xosé Fernández Naval. No acto participarán María Jesús Cabado Pampín,  Xosé M. Núñez Seixas (LMU, Múnich), que intervirá a través de skype, Fran Alonso e o autor. Acompañamento musical de Carlos Arias. Ao remate servirase un viño ofrecido por Colección Costeira.

Presentación en Silleda de “Como falar e escribir en galego con corrección e fuidez”

O martes, 18 de decembro, ás 21:00 horas, na Biblioteca Municipal Daniel Castelao de Silleda, terá lugar a presentación do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez de Carlos Callón.

Presentación de “Abecedario das mantenzas” na Coruña

O luns, 17 de decembro, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Real Academia Galega, Tabernas, 11.  A Coruña, terá lugar a presentación do libro Abecedario das mantenzas de Fausto Galdo. No acto participarán, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Cristino Álvarez, Faxildo Galdo e Manuel Bragado.

Presentación en Vilalba de “O rastro que deixamos” de Agustín Fernández Paz

O venres, 14 de decembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá a presentación do libro O rastro que deixamos de Agustín Fernández Paz. O acto, organizado polo Instituto de Estudos Chairegos e Xerais,  contará coa participación de Manuel Castro Santamariña, Isabel Soto, Manuel Bragado e o autor.

Presentación en Ourense de “A noite branca” de Francisco X. Fernández Naval

O venres, 14 de decembro, ás 20:00 horas, no Salón Noble do Liceo de Ourense, rúa Valentín Lamas Carvajal, 5 Ourense, terá lugar a presentación da novela A noite branca de Francisco X. Fernández Naval.  No acto participarán,  Luís Manuel García Mañá, Xosé M. Núñez Seixas (LMU, Múnich), que intervirá a través de skype, Fran Alonso e o autor,  Acompañamento musical de José Luis Fernández Carnicero.

Presentación en Santiago de “Fútbol es fútbol” de Jacobo Buceta

O martes, 11 de decembro, ás 20,00 horas, na Nave de Vidán, Avda Mestra Victoria, 44 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Fútbol es fútbol de Jacobo Buceta. No acto participarán Toño Bermúdez (Xefe de deportes de Radio Galicia-Cadena SER), Xosé Hermida (Delegado de “El País” Galicia), Fernando Vázquez (Adestrador de fútbol e Seleccionador Galego), Manuel Bragado (director de Xerais) e Jacobo Buceta.

Presentación en Vilagarcía de “Fútbol es fútbol” de Jacobo Buceta

O luns, 10 de decembro, ás 20,00 horas, na Sala de Conferencias da Autoridade Portuaria, Peirao de Pasaxeiros de Vilagarcía, terá lugar o acto de presentación do libro Fútbol es fútbol de Jacobo Buceta.

Presentación de “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez” de Carlos Callón

O xoves, 13 de decembro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural do Ensanche, rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez de Carlos Callón. No acto participarán, Marcos Maceira, Luz Cures, Manuel Bragado e Carlos Callón.

Presentación no Grove de “Eu, pel” de Teresa González Costa

O martes, 4 de decembro, ás 20:00 horas, na Galería de Arte Besada, rúa Concepción Arenal, 1 no Grove, terá lugar a presentación de Eu, pel de Teresa González Costa. No acto participarán Carlos Besada, Tito Díaz Pérez, Manuel Bragado e Teresa González Costa.

En vías de extinción, no club de lectura Lendo Lendas

O vindeiro martes 27 de novembro María Reimóndez estará no club de lectura Lendo Lendas para falar de En vías de extinción cas/os lectoras/es. O acto terá lugar no Malas Pécoras (Rúa da Algalia de Abaixo, 7, Compostela) ás 20.30 horas.

Presentación en Outes de “Tonas de laranxa” de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón

O venres, 30 de novembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Outes, Avda San Campio, 1 de Outes, terá lugar a presentación de Tonas de laranxa de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela, 2012. Presentarán a novela Paulino Vázquez e os autores.

Presentación na Coruña de “En vías de extinción” de María Reimóndez

O xoves, 29 de novembro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal Ágora, rúa Ágora, s/nº da Coruña, terá lugar a presentación da novela En vías de extinción de María Reimóndez. No acto, organizado pola Biblioteca Ágora e Xerais, participarán a cantautora María Xosé Silvar “Sés”, Fran Alonso e María Reimóndez.