Menu Xerais

Axenda

Presentación de «En vías de extinción» de María Reimóndez en Pontevedra

O xoves, 15 de novembro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación da novela En vías de extinción de María Reimóndez, na libraría Paz, rúa Peregrina, 29 de Pontevedra. No acto participarán Eva Mejuto, Fran Alonso e María Reimóndez. Con motivo da presentación, a autora organizou un sorteo do que hai información en:  http://www.enviasdextincion.

“O meu primeiro Celso Emilio” en concerto

O venres, 9 de novembro, ás 20 horas, terá lugar o concerto O meu primeiro Celso Emilio no Círculo das Artes de Lugo. Actuarán María Manuela, Mini e Mero e Xiana Lastra.

Presentación de “Fútbol es fútbol” de Jacobo Buceta en Vigo

O luns, 29 de outubro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Fútbol es fútbol de Jacobo Buceta. No acto participarán Xaime Escudeiro, Jacinto Barreiro, Javier Rodríguez, Manuel Bragado e Jacobo Buceta.

Presentación de “Gran tiburón branco” de Samuel Solleiro en Compostela

O martes, 30 de outubro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro Gran tiburón branco de Samuel Solleiro. No acto, que terá lugar na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, participarán Ana Salgado, Manuel Bragado e Samuel Solleiro.

Presentación en Arzúa de “As rapazas de Xan” de Manuel Iglesias Turnes

O sábado, 27 de outubro, ás 21:30 horas, na Capela da Magdalena en Arzúa, terá lugar a presentación de As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes. No acto participarán Pablo Vaamonde García, Che Turnes e Manuel Iglesias Turnes.

Presentación en Vigo de “Palabras de auga” de Marcos Calveiro. Premio Merlín 2012

O venres, 26 de outubro, ás 20:0o, na Casa do Libro de Vigo, rúa Velázquez Moreno, 27 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Palabras de auga de Marcos Calveiro (PREMIO MERLÍN, 2012). No acto participarán Agustín Fernández Paz, Ramón Trigo (ilustrador do libro), Manuel Bragado e Marcos Calveiro.

Presentación en Celanova de “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro” de Ramón Nicolás

O vindeiro xoves, 25 de outubro, ás 20:00 horas, na Sala da Lareira da Fundación Curros Enríquez, rúa Curros Enríquez, 37 de Celanova, terá lugar a presentación do libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás. No acto intervirán Luís Ferreiro, José Luís Ferro (Alcalde de Celanova e Presidente da Fundación Curros Enríquez), Manuel Bragado e Ramón Nicolás.

Presentación en Ferrol de “15.724” de Xesús Constela

O venres, 19 de outubro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos, rúa Rubalcava, 30-32 de Ferrol, terá lugar a presentación da novela 15.724 de Xesús Constela. No acto participarán Adolfo Caamaño, Manuel Bragado e Xesús Constela.

Presentación en Pontevedra de “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro” de Ramón Nicolás

O xoves, 18 de outubro, ás 20:00 horas, no salón de actos da Casa das Campás, rúa Filiberto, 9-11 de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, participarán Xesús Constela, Luís Ferreiro, Manuel Bragado e Ramón Nicolás.

Presentación de “As voces baixas” de Manuel Rivas na Coruña

O mércores, 17 de outubro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Estudos Locais, rúa Durán Loriga, 10 da Coruña, terá lugar a presentación do libro As voces baixas de Manuel Rivas. No acto participarán X. L. Méndez Ferrín, Manuel Bragado e Manuel Rivas. Ás 16:30 horas terá lugar unha roda de prensa no mesmo lugar da presentación.

Presentación de “Poesía completa” de Valentín Paz Andrade en Compostela

O mércores, 10 de outubro, ás 19:00 horas, terá lugar a presentación de Poesía completa de Valentín Paz-Andrade en edición de Gregorio Ferreiro Fente. O acto, no que participarán Rosario Álvarez, Xesús Alonso Montero, Gregorio Ferreiro Fente e Manuel Bragado, terá lugar no Consello da Cultura Galega, Pazo de Raxoi, 2º andar, Praza do Obradoiro de Santiago.

Pedro Feijoo asinará exemplares de “Os fillos do mar” na Casa do Libro de Vigo

O vindeiro martes, 9 de outubro, a partir das 19:30 horas, Pedro Feijoo asinará exemplares da súa novela Os fillos do mar na Casa do Libro de Vigo con motivo da aparición da terceira edición. Pedro Feijoo organizou no seu facebook un simpático concurso no que todos podemos participar.