Menu Xerais

Banda deseñada clásica. Anotación en Redelectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación sobre Astérix e os godos e Astérix gladiador.

 

Banda deseñada clásica

Volver aos cómics clásicos, ás series que fan lectores.
Bandas deseñadas para rir e rir e rir e… volver a rir. E rindo recuperamos as referencias dun mundo que sigue vivo.
Con Goscinny e Uderzo, en galego, de novo… porque están tolos estes romanos e nós somos irredutibles. Beberemos a poción máxica para meternos a gladiadores ¡pobres dos adestradores e donos de escravos! ¡pobres dos godos que un día se atreveron co nosos druída! ¡pobres dos que non estean dispostos a respectar a aldea gala!
Secuestro tras secuestro, Obélix e Astérix recuperan o que é seu, sexa druída ou bardo… que aínda que resulte molesto ha de volver a onde o aprecian porque é compañeiro.

Comentarios pechados