Menu Xerais

Berta Dávila, Cesáreo Sánchez, María Reimóndez e Antonio García Teijeiro asinan os vindeiros títulos de poesía de Xerais

Xerais está a traballar na edición dos próximos títulos de poesía, que sairán ao longo desta primavera e que incorpora ao catálogo da editorial a Berta Dávila, co seu poemario Raíz da fenda, que recibiu o Premio Johán Carballeira de Poesía, convocado polo Concello de Bueu; e a Cesáreo Sánchez Iglesias, co seu poemario Caderno do Nilo. A colección Poesía acollerá tamén un novo título poético de María Reimóndez, que regresa con forza ao xénero e se editará baixo o título Presente continuo. Ademais, no ámbito infantil e xuvenil, Xerais publicará en breve Un rato díxolle á lúa; unha antoloxía que percorre os 25 anos de escrita poética para rapaces e rapazas de Antonio García Teijeiro e que foi preparada por Fran Alonso.

 

 

Comentarios pechados