Menu Xerais

Berta Dávila, na galería de mulleres do Concello de Muxía

A Galería de Mulleres do Concello de Muxía dedica este mes á escritora Berta Dávila o espazo destacado do labor dunha muller no mundo das artes, as letras ou as ciencias. Esta designación favorece a divulgación da obra e da figura de Berta Dávila no concello, xa que se proporcionan indicacións para informarse sobre a súa obra e seimprimen e distribúen carteis ao respecto. Con cada muller reséñanse os libros a disposición do/a usuario/a na Biblioteca da Muller, integrado dentro da Biblioteca Municipal do Concello de Muxía, escritos por ela ou que fagan referencia á mesma. «Berta di que escribe porque moitas veces lle contaron contos antes de durmir», especifica a páxina web do Concello, que tamén engade unha palabras da autora: «é moi emocionante para quen escribe, saber que hai persoas que se senten conmovidas por algunha parte do libro porque lles axuda a sandar as súas fendas».

 

Comentarios pechados