Menu Xerais

«Bieto Dubidoso», de Roque Cameselle, precandidata aos Goya

A película Bieito Dubidoso, guionizada por Roque Cameselle, quen publicou en Xerais unha novela con mesmo título en 2003, figura entre as precandidatas aos Premios Goya. O Diario de Pontevedra informa hoxe sobre a noticia: ««‘O mago dubidoso’ é un produto puramente galego, conta Roque Cameselle. “Toda a historia transcorre en Tui. Cando o personaxe marcha por Baiona e cando remata a película”. Cando hoxe se desvelen os nomes dos candidatos aos premios Goya, os máis importantes do cine español, saberase
ata onde chega a aventura deste mago galego na gran pantalla. “Polo de agora está preseleccionada en varias categorías e ten moitas posibilidades de ser candidata en dúas: a de mellor película de animación e a de mellor guión adaptado”, segue explicando Cameselle. Pode lerse a información completa aquí.

Deixa un comentario!