Menu Xerais

Booktráiler da triloxía «Ámote Leo A.», de Rosa Aneiros, coas fotografías da campaña de Twitter

Hoxe publicamos un booktráiler feito por David Rodríguez sobre a triloxía Ámote Leo A., de Rosa Aneiros, que acaba de recibir hai unhas semanas o Premio Irmandade do Libro. A triloxía Ámote Leo A., formada por tres novelas: Destino Xalundes, Estación de Tránsito e Terminal de chegadas (que se publicará no vindiero mes de xuño) protagonizou recentemente unha intensa e áxil campaña didáctica en Twitter con vocación de visibilización, na que participaron moitos estudantes e profesorado de diversos centros de ensino de Galicia. Os rapaces e rapazas, coa colaboración do profesorado, realizaron unha serie de fotografías arredor da frase «Ámote» ou «Ámote Leo A.» para facelas circular polas redes sociais, identificando os chíos de Twitter coa etiqueta #ÁmoteLeoA.

Agora, David Rodríguez elaborou un booktráiler a partir das fotografías e o material que agromou desa campaña.

Comentarios pechados