Menu Xerais

Booktrailer de «Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación e o booktrailer do libro Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida, coordinado por Ramón Nicolás.

Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida

Iago Nicolás fíxonos este agasallo para axudar a facer visible o libro de homenaxe a Manuel Lueiro Rey, no que participamos medio cento de persoas unidas pola admiración e a amizade co inesquecible escritor do Grove.

Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida será presentado por vez primeira o sábado 22 de xuño, ás 20:00 horas, na Galería Besada (Rúa Concepción Arenal 1 baixo) do Grove, acto no que participarán Ramón Nicolás, Luís Cochón, Xesús Alonso Montero e o editor. Despois, o martes 25 de xuño será presentado na Libraría Paz de Pontevedra (Peregrina 29) tamén as 8 da tarde, contando coa presenza de Nicolás, Cochón e o editor.

Comentarios pechados