Menu Xerais

Cadernos do profesorado 2011-2012

Os cadernos do profesorado 2011-2012, de Primaria e de Secundaria, son unha das novidades do mes de agosto.

Caderno do Profesorado de Educación Primaria 2011-2012, de Teresa Barros Castro, José Manuel García Yanes e Natalia Roibás Blanco

Este Caderno do Profesorado de Educación Primaria, preparado por Teresa Barros Castro, José Manuel García Yanes e Natalia Roibás Blanco, constitúe unha ferramenta moi útil para o seguimento diario das tarefas de titoría nos tres ciclos da Educación Primaria. O Caderno do Profesorado de Educación Primaria inclúe: – Datos persoais e do Centro. – Follas de horario do grupo e do titor ou titora. – Calendarios 2011 e 2012. – Planificación mensual con indicación de festividades de interese educativa. – Directorio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e de organización sindicais do profesorado. – Fichas de titoria para cada alumno/a, con espazos para datos persoais e familiares, faltas de asistencia, entrevistas familias, seguimento e notas de áreas e outras observacións. – Fichas de avaliación para recoller a descrición de traballos, exercicios e notas de clase. – Fichas de avaliación para rexistrar a valoración de traballos, exercicios e notas de clase. – Páxinas para recolle rnotas de reunións. – Modelos de recollida de información para as familias. – Modelos de convocatorias para reunións e entrevistas coas familias.


Caderno do profesorado. Educación Secundaria 2011-2012, de Ramón Nicolás Rodríguez

Este Caderno do Profesorado 2011-2012, preparado como nas edicións anteriores por Ramón Nicolás, constitúe unha ferramenta moi útil para o seguimento diario das tarefas de titoría na Educación Secundaria Obrigatoria. O Caderno do Profesorado 2011-2012 inclúe: – Datos persoais e do Centro. – Follas de horario do grupo e do titor ou titora. – Calendarios 2011 e 2012. – Planificación mensual con indicación de festividades de interese educativa. – Directorio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e de organización sindicais do profesorado. – Fichas de titoria para cada alumno/a, con espazos para datos persoais e familiares, faltas de asistencia, seguimento e notas parciais, así como grao de desenvolvemento das competencias básicas. – Fichas de seguimento do alumnado, con espazos para datos persoais, notas e faltas de asistencia.


Comentarios pechados