Cando os cativos non brincan: «Xogando con gatos», de Antón Cortizas
Radiofusión publicou unha información sobre Xogando con gatos, de Antón Cortizas, obra gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil.
O verán, tempo de lecturas
O verán é tamén tempo de lecturas. Duas novidades de autores da comarca están xa nas librarías. Realidades cercanas de Gabriel Tizón e Xogando con gatos, de Antón Cortizas. Edicións Xerais publica “Xogando con gatos” de Antón Cortizas, libro ilustrado por Leandro Lamas, polo que conqueriron o VIII Premio Manuel María de literatura dramática infantil, en 2014. O libro “Realidades Cercanas” de Gabriel Tizón preséntase mañá xoves no Ateneo ferrolán, ás oito da tarde. O libro é o resultado de fotografías realizadas polo autor en países de catro continentes.
Xogando con gatos
A toda a gatería do mundo, adicallo o mestre Antón Cortizas, teimando de novo na constatación de que os cativos e as cativas non brincan nin enredan como se facía hai décadas. A tv, os móviles e xogos electrónicos; unha xeografía urbana desaxeitada e o forte descenso da natalidade, impiden a concentración de nenos axeitada para que se produza o xogo colectivo e socializador. Ese é o pretexto desta nova obra, maravillosamente ilustrada por Leandro Lamas.
Realidades cercanas
Fotografías de persoas pertencentes a culturas distintas que están unidas a través da mirada do autor. O libro consta de 131 fotografías acompañadas con textos de Gabriel Tizón. Os prólogos están escritos por Manolo Gonzalez (Profesor de Historia no Instituto Concepción Arenal de Ferrol) e Rubén Ruibal (Premio Nacional de Literatura Dramática).
Comentarios pechados