Menu Xerais

«Cara B», de Ignacio Silva, en «Un libro para cada dia», de A Nosa Terra

O libro Cara B, de Ignacio Silva, ocupa hoxe o espazo «Un libro para cada dia», de A Nosa Terra. Reproducímolo a continuación:

‘Cela aberta’ mereceu o VII Premio Valle Inclán da Pobra do Caramiñal. Conta a historia dun preso político, exemplo para os seus conveciños, que logo de ser liberado dáse conta de que os torturadores que o fecharan nunha cela acabaran gañando: conseguiran degradalo até tal punto que non era posíbel caer máis baixo.

‘Vertixes’ foi Premio Cidade Centenaria de Ribeira 2009. Unha historia de amor e traxedia entre dous mozos que actualiza tamén asuntos coma a emigración, a soidade, a dependencia, a familia.

‘Escintileos’ obtivo o II Premio de Micronovela do Concello de Soutomaior. O relato, dividido en catro partes, vai creando unha atmosfera abafante na que os personaxes acaban xirando nunha roda que non controlan.

Ignacio Silva (Carballo, 1978) é un dos novos valores da ficción galega que se fai facendo un oco entre os autores publicados aproveitando os diferentes premios para relato curto que se convocan en Galiza cada ano.

Xerais tamén aposta coa publicación destes textos por uns certames pouco coñecidos incluso entre os lectores de galego pero que son viveiro habitualmente de escritores con gran percorrido posterior.

Comentarios pechados